o proceso é sempre o mesmo sen importar a canle polo que solicitaches a contratación (en tenda, por teléfono, web...).
no momento do alta ou uns días despois, comunicarémosche a data de instalación ou ben enviarémosche un SMS para que ti fixes a cita co técnico. A data de instalación non debería ser superior a 7 días naturais dende a petición na cidade ou 45 días en caso dun polígono industrial. Se por calquera razón allea a R non se puidesen cumprir estes prazos, explicarémosche a situación e darémosche unha data de instalación alternativa.
o técnico deixará listo nunhas 3 horas o servizo na túa casa ou negocio para que ti só teñas que preocuparte do que de verdade importa.
se queres coñecer os pasos da instalación, explicámoschos aquí.
podes consultar que tipo de conexión necesitas para o servizo e como son as condicións do servizo aquí.