menú

o proceso de alta do teu combo

1 contratación dos servizos

o proceso é sempre o mesmo sen importar a canle pola que solicitaches a contratación (na tenda, por teléfono, web...).

en función do servizo que contrataras, será necesario enviar un técnico onde vaias desfrutar o servizo ou ben poderás activar e instalar ti mesmo o servizo (co cal o proceso é máis sinxelo e rápido).

2 se é necesario un técnico

no momento da alta ou uns días despois, comunicarémosche a data de instalación ou ben enviarémosche un SMS para que ti fixes a cita co técnico. A data de instalación non debería ser superior a 7 días naturais en cidade ou a 45 días en caso de polígono industrial. Se por calquera razón allea a R non se pudiesen cumplir estes plazos, explicarémosche a situación e darémosche unha data de instalación alternativa.

explicámoshe os pasos da instalación que realizará o técnico aquí.

3 se o instalas ti

se es cliente particular, contrataches internet R e na túa vivenda estivo activado fai pouco o nosos servizo, podes instalar ti directamente o noso router e xa che quedaría funcionando a nosa conexión.

podes consultar os pasos da autoinstalación aquí.