menú

o proceso de alta do teu mambo

1 contratación dos servizos

dende que te dás de alta como cliente comeza a conta atrás para a instalación na túa casa dos servizos contratados. O proceso é o mesmo, tanto se te das de alta firmando un contrato con comercial coma se o fas a través da nosa web ou mediante chamada telefónica ao centro de atención ao cliente

2 comunicación da data de instalación

unha vez recibamos a documentación asinada ou ben realicemos a verificación por teléfono, continúa o proceso de alta, que será diferente dependendo de se xa dispoñías dunha liña fixa no teu domicilio ou non. A continuación explicámosche o proceso:

a) clientes que xa dispoñían de liña fixa (con ou sen ADSL)
chamarémoste para darche unha data de instalación nun plazo dunhas 72 horas.

se tiñas ADSL, cando deixes de ter servizo do teu antigo operador podes chamarnos ao 1449 (particulares) ou 1446 (empresas) para concertar unha data cun técnico de R que che instalará o noso servizo o antes posible. Despois da instalación de R terás de novo o servizo de internet operativo.

non deixarás de desfrutar do servizo de telefonía en ningún momento do proceso de alta. En aproximadamente unha semana dende a solicitude da alta enviaremosche un correo electrónico ou SMS para indicarche dende qué data che pasa a facturar R as chamadas de teléfono.

Normalmente o proceso dende que recibimos a documentación asinada ata que teñas todos os servizos operativos con R dura uns 15 días laborables.

b) clientes que non dispoñían de liña fixa
se non dispoñías dunha liña fixa no teu enderezo antes de darte de alta con R, o proceso é similar ao anteriormente explicado, pero previamente é preciso que se che instale unha liña fixa. Para iso, no prazo máximo de 15 días laborables, un instalador de Movistar deixará colocado no teu enderezo un PTR (a caixa ata onde chega o cable da liña).

en canto Movistar nos comunique que se che instalou a liña daremosche unha cita para que o instalador de R pase polo teu domicilio ou negocio, che instale a toma e o router e che deixe o servizo de internet e teléfono totalmente configurado e operativo.

normalmente todo este proceso dura uns 30 días laborables.

3 instalación

explicámosche os pasos da instalación aquí.