menú

o proceso de alta de móbilR

1 contratación de servizo

a solicitude de alta é o primeiro paso para ser cliente de móbilR. O proceso é sempre o mesmo sen importar a canle pola que solicitaches a contratación (en tenda, por teléfono, web, cun comercial...).

2 recepción da documentación (só altas con portabilidades telefónicas ou web)

unha vez recibamos a documentación firmada, ou ben realicemos a verificación por teléfono, continuaremos co proceso de alta.

3 recepción do terminal móbil

a) se non solicitaches portabilidade, nun prazo duns dous días laborables despois de que recibísemos a documentación coa túa alta, recibirás na túa casa un paquete co teléfono móbil e a tarxeta SIM (ou ben só a tarxeta SIM, se non pediches ningún terminal móbil). Lembra que o mensaxeiro só lle entregará o móbil ao titular da liña, acreditado co seu DNI (a non ser que enviaras previamente unha autorización).

b) se portas o número do teu antigo operador, o proceso será o seguinte:

no punto 5 tes máis información sobre a portabilidade. Lembra que o mensaxeiro só lle entregará o móbil ao titular da liña, acreditado co seu DNI.

4 activación

despois da recepción da SIM e/ou do terminal, se é un alta nova, nun máximo de 2 horas terás a túa liña de móbilR funcionando. Se é unha portabilidade, seguiremos co proceso e activarase despois da fiestra de cambio.

5 a fiestra de cambio (só altas con portabilidade)

a ventá de cambio é o tempo durante o cal a túa liña móbil pasa do teu antigo operador a R, mantendo o teu número de teléfono. Este proceso ten lugar entre as 2 e as 6 da madrugada para evitar que perdas chamadas. Prodúcese na madrugada do segundo día laborable, despois de que solicitáramos a túa portabilidade (o mesmo día que nos confirmes que recibiches o teu terminal).

o día despois de solicitar a túa portabilidade, enviarémosche un SMS ao teu número de teléfono para indicarche cando terá lugar o cambio.

6 a ter en conta

se só contratas unha SIM e vas usar un terminal móbil que xa tes, lembra que debe ser libre. Se non é así, fala co operador que cho ofreceu para liberalo antes de facer a portabilidade.

por outra banda, o móbil (libre) que uses coa nosa tarxeta SIM debería detectar que é de R e configurar o acceso a internet móbil de forma automática. Se non o fai, debes poñer o punto de acceso de R de forma manual. Para iso, accede vía wifi ou desde otro dispositivo a axudamobil.mundo-R.com, selecciona o teu terminal e segue os pasos indicados en "configuración acceso a internet APN".

dende axudamobil.mundo-R.com tamén tes información, paso a paso, de como configurar a túa conta de correo no móbil, activar ou desactivar o buzón, cambiar o PIN e de calquera outra acción que se che ocorra.