menú

a ter en conta

condicións do servizo

a primeira vez que entres na web ou na app, pedirémosche que aceptes as condicións xerais do servizo. Non te asustes, é algo normal de calquera servizo. Tamén as terás á túa disposición na web para que as revises e asines.

conexión a internet

para que 3ollos R funcione é necesario que estea sempre aceso e conectado a internet.

a conexión que necesita é moi pequena, de 2 megas de subida. É importante que non apagues o teu router se non, o servizo non funcionará.

se contratas unha cámara

as cámaras funcionan con corrente eléctrica. O cable de alimentación do equipo mide un metro e medio, así que asegúrate de que hai un enchufe preto do lugar no que a queres poñer.

que fago unha vez teña instalado 3ollos R

unha vez instalado 3ollos R, descarga a app para android ou iOS ou accede 3ollosr.mundo-R.com para configuralo.

aquí podes ver todo o que podes facer coa app de 3ollos R esteas onde esteas.

preparamos unha guía de primeiros pasos coa información que necesitas para facer unha configuración básica, respostas a posibles dúbidas e un manual completo de usuario con toda a información dos equipos, a web e a app de 3ollos R.