menú

outras cousas a ter en conta

baixa do antigo operador

se desexas pasar a R o teu número de teléfono actual (este proceso chámase "portabilidade de número"), non é preciso que xestiones a baixa das liñas de teléfono ou do ADSL, porque xa nos encargamos nós. Non obstante, se o teu servizo non ten un número fixo asociado debes pedir ti a baixa no teu antigo operador cando realicemos en R a instalación do servizo. Tamén é necesario asegurarte de que o teu antigo operador non che segue facturando alúgueres de equipos nin bonos de consumo (iso só o poderías dar de baixa ti).

cambio do teu número de teléfono a R

cando solicites a portabilidade do número, o primeiro que faremos é instalar a liña de R na túa casa ou empresa. A continuación, nun prazo normalmente inferior a 10 días laborables, terá lugar o cambio do teu número de sempre á liña de R. Este proceso dura unhas tres horas durante as cales non poderás recibir chamadas. Feito o cambio, xa poderás utilizar o teléfono de R para facer e recibir chamadas co teu número de sempre.

se tes un negocio e na túa empresa hai una centraliña non comprada ou alugada a R, é moi importante que o técnico encargado do mantemento estea presente ao inicio da fiestra de cambio (se portas números) ou na instalación (se non portas números) por se fose necesario reconfigurala.

seguemento do proceso

en calquera momento poderás consultar cómo vai a alta dos teus servizos R (en espera de portabilidade, activados, etc.). Para sabelo só tes que entrar na web clientes.mundo-R.com.