solicitude
1. podes solicitar o deco 4K se tes combo cun paquete festa, festa rachada, tv familia ou ben un paquete
ocio cun combo 200 ou superior. Lembra que o teu televisor debe ter un porto HDMI e estar preto do
router de internet. Se cumpres estes requisitos, podes solicitar o equipo na
web de clientes. Na sección de televisión só tes que
seleccionar a túa opción TV (festa, festa rachada, etc.) con 4K.
Enviámoscho á
tenda R que prefiras. Non o remitimos ao teu
domicilio porque é preciso que devolvas o equipo antigo para a súa correcta reciclaxe.
2. recibirás un correo confirmándoche o inicio do proceso.
En 20 días laborables (non entran festivos nin fins de semana) deberías telo na tenda que
nos indicaches. Recibirás un SMS avisándote para que poidas pasar a recollelo.
é importante que confirmes que os teus datos de contacto son correctos para que che poidan chegar
estes avisos. Podes velo
aquí (entrando co teu usuario da web de
clientes).
antes de saír da casa ata a tenda R
3. cando recibas o aviso SMS de que o teu novo desco está na tenda, antes de ir recollelo lembra
levar contigo:
- antigo desco (o gris ou o negro) co seu cable de alimentación eléctrica e a súa tarxeta (está
inserida no aparello)
- o mando de R
Desenrosca cos dedos e en sentido contrario ás agullas do reloxo o cable branco tipo "antena" da parte
de atrás do desco. Ese cable debe quedar tamén na túa casa para enchufar con el o novo desco. Se non é
posible desenroscarlo, non te preocupes, desenchúfao da parede e lévao á tenda. Alí axudarémoste.
na tenda R
4. entregarémosche unha caixa co teu novo desco 4 K, o seu cable de alimentación, un mando, un cable
HDMI, un cable ethernet, un adaptador para o cable de antena e un manual de instalación. Entrega alí o
desco antigo, a tarxeta que vai dentro, o seu cable de alimentación e o mando
R.
de volta en casa co novo desco 4K
5. segue paso a paso as instrucións do
manual que vai dentro da caixa.