menú

os teus dereitos por ter R

alta velocidade constante por fibra óptica

garantimos o 80% da velocidade contratada nos nosos accesos a internet alí onde temos rede de fibra (con cable UTP 5e ou superior, non podendo garantir con wifi ao ser unha contorna radio non controlada por R. Máis info aquí).

SOS wifi

se a cobertura wifi no teu domicilio ou negocio non é boa, facémosche un estudo personalizado para mellorala. No caso de que teñas 200 megas ou máis, regalámosche a cota dos PLCs wifi. Máis información en soswifi.mundo-R.com.

wificlientes R

en Galicia dispós de 130.000 puntos wifi gratuítos para que te conectes e aforres datos da túa tarifa móbil. Podes acceder dende o teu smarpthone, tablet ou portátil. Configúrao a través da nosa app ou wificlientesR.com

internet conmigo

por ser cliente de R con internet fixo e móbil, dámosche gratis 30GB cada ano. Podes desfrutalos en dous bonos de 15GB que estarán activos durante 15 días cada un. Actívao na web de clientes.

rebobina

para que desfrutes dos mellores contidos da túa televisión R, tes dispoñibles miles de horas de series, documentais ou programas durante sete días. Pódelos ver no momento no que desexes e reproducilos ou paralos como se fose un vídeo.

deco 4K

a través do noso deco 4K con Android TV podes acceder a plataformas como Netflix ou Amazon Prime Video. Ademais, contas cun gravador na nube onde podes programar a gravación de tempadas completas da túa serie favorita, pausar un contido en directo ou enviar contidos do teu móbil ao televisor.

web e app exclusiva para clientes R

en clientes.mundo-R.com e na túa app para Android ou iOS poderás acceder aos teus servizos e xestións a calquera hora do día e sen esperas: consultar as túas facturas, o teu consumo de datos, o que levas gastado, os teus servizos contratados e outras xestións, como renovar o teu móbil, solicitar a factura electrónica...

factura electrónica

se tes servizo fixo, ao pasar á factura electrónica contas con 1.100 minutos de chamadas gratis cada mes dende o fixo a móbiles. Ademais, é ecolóxica, moito máis rápida e segura. Solicita de forma gratuíta a túa factura electrónica en factura.mundo-R.com.

atención gratuíta ao cliente

24 horas ao día, 365 días ao ano. Por teléfono, fax ou email. En galego ou en castelán. Información, modificacións de servizos, incidencias, reclamacións, etc.