menú

cambio a deco HD

solicitude

1. solicita o cambio do desco actual (o gris) polo novo desco pura HD de R (o negro). Se non o fixeches aínda, pide o cambio na web de clientes.

Enviámoscho á tenda R que prefiras. Non o remitimos ao teu domicilio porque é preciso que devolvas o equipo antigo para a súa correcta reciclaxe.

2. recibirás un correo confirmándoche o inicio do proceso.

En 20 días laborables (non entran festivos nin fins de semana) deberías telo na tenda que nos indicaches. Recibirás un SMS avisándote para que poidas pasar a recollelo.

é importante que confirmes que os teus datos de contacto son correctos para que che poidan chegar estes avisos. Podes velo aquí (entrando co teu usuario da web de clientes).

antes de saír da casa ata a tenda R

3. cando recibas o aviso SMS de que o teu novo desco está na tenda, antes de ir recollelo lembra levar contigo:
  • o antigo desco (o gris) co seu cable de alimentación eléctrica
  • o mando de R
Para iso, extrae a tarxeta que se atopa no interior da tapa do frontal (ver debuxo) e déixaa na casa pois cumprirá inserila no novo desco HD (usan a mesma tarxeta).

tarxeta

Desenrosca cos dedos e en sentido contrario ás agullas do reloxo o cable blanco tipo “antena” da parte de atrás do desco. Ese cable debe quedar tamén na túa casa para enchufar con el o novo desco. Se non é posible desenroscalo non te preocupes, desenchúfao da parede e lévao á tenda. Alí axudarémoste.

cable traseiro

na tenda R

4. entregarémosche unha caixa co teu novo desco HD, o seu cable de alimentación eléctrica, un mando, un cable HDMI e un manual de instalación. Entrega alí o desco antigo, o seu cable de alimentación e o mando R.

de volta na casa co novo desco: a pura HD de R

5. segue paso a paso as instrucións do manual que vai dentro da caixa.