queremos que a instalación na túa vivenda ou negocio sexa do teu agrado e que cause o menor trastorno posible.
antes de comezar, comentarémosche que servizos imos instalar e como os instalamos, acordando contigo o paso dos cables, a colocación das tomas, ...
probaremos diante de ti o correcto funcionamento dos sensores e equipos instalados.
deixarémosche unha guía para que saibas como acceder a app e a páxina de 3ollos R.
tamén engadimos regras por defecto para que recibas un aviso se a porta da casa quedou aberta ou se se detecta fume.
finalizado o traballo técnico, deixaremos a túa casa ou negocio nas mesmas condicións de limpeza e orde en que se atopaba.