queremos que a instalación na túa vivenda ou negocio sexa do teu agrado e que cause o menor trastorno posible.
antes de comezar, comentarémosche qué servizos imos instalar e cómo os instalamos, acordando contigo o paso dos cables, a colocación das tomas, etc.
probaremos diante de ti o correcto funcionamiento dos servizos instalados.
se contrataches internet, o acceso quedará configurado e comprobaremos que o teu equipo, PC ou Mac, navega correctamente. Ensinarémosche o velocímetro R, a páxina na que podes comprobar a velocidade de navegación (velocimetro.mundo-R.com)
ademais, podes activar as túas contas de correo e asocialas ao teu dominio a través da web de clientes de R, onde tamén podes configurar o teu router ou cambiar os parámetros wifi.
finalizado o traballo técnico, deixaremos a túa casa ou negocio nas mesmas condicións de limpeza e orde na que se atopaba.