solicitude
podes solicitar un router ben porque te deras de alta en internet
R ou ben
porque o teu equipo actual non soporte a conexión contratada. No momento de solicitar o router, debes
indicarnos se queres recibilo na túa casa ou nunha
tenda R.
recibirás un correo informándoche do inicio do proceso.
é importante que confirmes que os teus datos de contacto sexan correctos para que che poidan
chegar estes avisos. Podes velo
aquí.
entrega do novo router
en 5 días laborables (non entran festivos nin fins de semana) deberías telo na túa
casa ou na tenda elixida.
se escolles entrega en tenda, enviarémosche SMS avisándote de cando podes pasar a
recollelo. Cando vaias pola tenda, se é por un cambio, debes entregar o teu actual router coa súa
fonte de alimentación eléctrica (cable de alimentación tipo o do seguinte debuxo).
se realizas un cambio de router e elixes entrega a domicilio, o mensaxeiro só che deixará
o novo equipo. Poderás devolver o router que tes en calquera das nosas tendas ou distribuidores
cando teñas un momento.
para isto, desenrosca cos dedos e no sentido contrario ás agullas do reloxo o cable branco tipo
“antena” da parte de atrás do router. Ese cable debe quedar tamén na casa para enchufar
con el o novo router. Se non é posible desenroscarlo, non te preocupes, desenchúfao da
parede e lévao á tenda. Alí axudarémoste.
instala o novo router na túa casa
segue paso a paso as instrucións de autoinstalación do manual que vai dentro da caixa para
poñer en funcionamento o teu novo router.